A asamblea comarcal do BNG mostrou o seu apoio á flota do xeito

    RIANXO> A flota do xeito segue a recibir máis mostras de apoio á súa causa. A última parte do BNG da Barbanza, que acordou por unanimidade, na súa última asamblea, mostrarlle o seu apoio, rexeitando a prohibición que teñen os xeiteiros de poder saír a pescar.

    Dende o BNG da Barbanza consideran que a arte do xeito nada ten que ver con outras artes de enmalle a deriva, se non que é un arte tradicional de pequenas embarcacións con pouca capacidade de pesca, que operan en augas interiores das rías e as súas capturas non representan un elevado volumen. Por esta razón dende a formación frentista solicítanlle ó Goberno Central que exclúa a esta arte de pesca tradicional da prohibición de pescar sardiña dada escasa incidencia que ten o xeito sobre esta especie e sobre os TAC. Dende o BNG esta situación vén a evidenciar unha vez máis o descoñecemento que o Goberno do Estado e a propia UE ten sobre a nosa pesca e a forma de traballar nas nosas rías. Precisamente membros da formación frentista, entre eles a eurodiputada Ana Miranda, teñen previsto manter este venres en Rianxo, unha xuntanza cos xeiteiros, para escoitar as súas demandas e trasladarlle as accións que este grupo está a realizar, tanto en Bruselas, coma nos Parlamentos Autonómico e Estatal. A flota do cerco ten previsto iniciar a vindeira semana as mobilizacións que se desenvolverán en toda a Ría para que as súas reivindicación non caian no esquecemento. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/07/novidadesxeito0710141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/07/novidadesxeito071014.mp4{/flowplayer}