POBRA> Para os nacionalistas non existe ningunha razón xustificada para seguir mantendo pechadas as instalacións. A polémica polo peche do centro de día da Pobra continúa. Nesta ocasión é o BNG o que volve a interesarse por esta infraestrutura inaugurada a bombo e platillo xusto antes das pasadas eleccións municipais, e que a día de hoxe, a pesar de estar rematada, segue sen poñerse en funcionamento. Os nacionalistas culpan desta situación á propia Xunta, á que instan a poñelo dunha vez por todas en marcha. A pesar de que os nacionalistas sinalan que a titularidade do centro de día e a propia xestión do mesmo lle corresponde á Xunta, consideran que o Goberno Local debería facer máis por poñer esta infraestrutura tan necesaria en marcha.
Inicio A Pobra