Consternación en Esteiro pola morte de José Manuel Mayo a mans do seu fillo

MUROS> A localidade muradá de Esteiro atópase aínda conmocionada trala morte de José Manuel Mayo, presuntamente a mans do seu fillo. O mozo, de 19 anos, pasou esta tarde a disposición xudicial.

Os feitos aconteceron na madrugada do sábado nesta vivenda na que residía o presunto autor dos feitos. Antonio Mayo Pes, de 19 anos, foi detido e pasaba esta mesma tarde a disposición xudicial como presunto autor da morte do seu pai: José Manuel Mayo. Á espera de coñecer as circunstancias que rodearon o crime, a nova causou unha gran consternación en Esteiro posto que a vítima era moi coñecida. Máis coñecido como ‘O Peseta’  rexentara un bar, situado no baixo do edificio durante moitos anos.

Menos coñecido era seu fillo que levaba varios anos na localidade muradá tras regresar dende Italia onde vivira coa súa nai. Os veciños din que apenas saía nin se relacionaba.

Semella que o mozo tiña problemas coas drogas e adoitaba manexar armas tal e como deixan constancia varias publicacións en redes sociais..

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí