Conxemar arranca cun 10% máis de expositores estranxeiros

VIGO> A ministra de Acuicultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, foi a encargada de inaugurar esta mañá a feira de produtos do mar conxelados. O Instituto Feiral de Vigo, Ifevi, acolle dende hoxe ata o próximo xoves a feira Conxemar, que chega este ano á súa decimosexta edición. O evento foi inaugurado pola ministra de Acuicultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, acompañada pola conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o alcalde vigués, Abel Caballero. Trátase da feira máis importante do sector dos produtos do mar conxelados a nivel internacional. Nela daranse cita un total de 512 empresas de 40 países. Un dos datos máis destacados desta edición é que aumenta precisamente un 10% máis a presenza estranxeira, con Reino Unido, Marruecos, Nicaragua e Chile estreando ademais pavillón propio. A feira destaca tamén pola presenza de importantes firmas galegas do sector como é o caso do grupo Lumar, da Pobra, que aproveitará a súa presenza en Conxemar para presentar a súa nova gama de menús saudables que están elaborados con atún, salmón e bacalao acompañados de hidratos e vexetais.