Estas serán as 4 fases de desconfinamento

ESPAÑA> 22 de xuño. Esa é a data marcada polo Goberno para a nova normalidade. Un proceso anunciado onte por Pedro Sánchez e que se divide en 4 fases. O plan de desescalada porase en marcha o vindeiro luns e farase de forma gradual en cada provincia.

O presidente do Goberno anunciou onte o plan de desescalada. Un proceso que se divide en 4 fases e que durará ata finais de xuño.

A fase 0 é a de preparación. Esta durará dende o 4 ata o 10 de maio. Nela estarán permitidas as saídas dos nenos, os paseos en familia que viven no mesmo domicilio e o deporte individual ao aire libre. Algo que xa estará autorizado dende este sábado. Ademais, dende o luns permitiranse tamén os adestramentos dos deportistas federados e das ligas profesionais. Nesta fase tamén entran en vigor as primeiras concesións na actividade económica. Algúns locais como os restaurantes con servizo de comida a domicilio ou os salóns de peiteado abrirán para a atención individual con cita previa.

A fase 1 arrancará o día 11 e, ao igual que o resto de fases, durará, polo menos, dúas semanas. Aquí empezaran as actividades do pequeno comercio. Estes establecementos reabrirán cun aforo limitado do 30% e os clientes deberán manter unha distancia mínima de 2 metros. Ademais, tamén se establecerá un horario de atención ás persoas maiores de 65 anos. Nesta fase empezarase tamén coa apertura das terrazas ao 30% da súa capacidade. Con restricións tamén abrirán os hoteis, lugares de culto e, incluso as instalacións deportivas ao aire libre. O sector agroalimentario e pesqueiro reanudará a súa actividade e permitiranse tamén as visitas aos museos. Ademais, poderanse celebrar tamén actos e espectáculos culturais de menos de 30 persoas en lugares pechados e de menos de 200 en escenarios ao aire libre. Os velatorios limitaranse tamén para un número concreto de familiares.

A fase 2 comezará o día o 24 maio e prolongarase ata o 7 de xuño. Nesta fase permitirase o contacto social en grupos para persoas non vulnerables, así como tamén os viaxes as segundas residencias, sempre e cando estean na mesma provincia. Os comercios limitarán o aforo ao 40% e os centros comerciais poderán abrir. Tamén o farán os cines, teatros, auditorios e o interior dos locais de hostalería ao 30% da súa ocupación. A capacidade aumentarase tamén nos espectáculos culturais e lugares de culto. As vodas tamén empezarán a permitirse para un número limitado de invitados. Por último, aínda que o curso escolar non comezará ata setembro, nesta fase poderán abrir algúns centros educativos.

Para rematar, o 8 de xuño poñerase en marcha a fase 3. Aquí o aforo dos locais aumentarase ata o 50%, respectando sempre os 2 metros de distancia entre clientes.  Tamén se limitará o aforo na restauración e flexibilizarase a mobilidade xeral. Ademais, reabriranse as praias, as discotecas e permitirase a actividade nas prazas de touros.

Con estes datos e, se a curva epidemiolóxica segue unha boa tendencia, o 22 de xuño volveríamos á nova normalidade. Iso si, cabe destacar que a desescalada non será igual para todo o territorio nacional e o ritmo estará marcados pola evolución da pandemia en cada provincia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí