GALICIA> Ante a evolución positiva dos datos, a Xunta dá por superada a fase aguda da crise sanitaria. Deste xeito, Galicia non terá que empregar os dous hospitais de campaña que se deseñaron para facerlle fronte á pandemia. O presidente do executivo galego entende que a evolución da pandemia na nosa comunidade é boa, cunha caída de contaxios do 74%.
Ante a evolución positiva dos datos do coronavirus en Galicia, Feijóo dá por superada a fase aguda da crise sanitaria. A decisión tomouse logo de reunirse na pasada xornada o comité clínico que analiza os pasos a dar para combate-lo coronavirus. Deste xeito, pásase do nivel 3 ó 2 do plan de continxencia.
Ante esta situación, o presidente da Xunta entende que non será preciso activa-los dous hospitais de campaña que se deseñaran para A Coruña e Santiago.
Feijóo destaca a boa evolución dos datos de contaxios en Galicia. Salienta que a evolución da curva “é boa” e que se afasta cada día máis do pico. Aporta un dato: o número de contaxios caeu nun 74%.
Porque o risco dun rebrote é real, di Feijóo, no caso de baixa-la garda.