Lantero denuncia que o Comité de empresa non quere negociar

    VILAGARCIA> A Dirección da empresa Lantero ven de dar a súa versión dos feitos do cruento conflicto laboral no que está inmerso a empresa; e para o que esta tarde reclamaron a mediación da Consellería de Traballo. Denuncian que é o comité de empresa o que non se quere sentar a negociar o plan de viabilidade.

    A Dirección de Lantero asegura que é o Comité de Empresa o que non se quere sentar a negociar con eles o plan de viabilidade proposto pola dirección. A suposta confusión que houbo sobre o lugar de reunión é para a directiva unha escusa para non sentarse a negociar. O propio Director Xeral de Lantero Philippe Févre asegurou que a empresa necesita modernización da maquinaria e rebaixa da carga salarial para ser competitivos nun sector duramente castigado pola crise. Propoñen para iso manter 119 postos de emprego nas instalacións de Vilagarcía, despedindo a 12 e recolocando a outros 20 desde empresas externas.Amais, pretenden impoñer unha reducción salarial do 30 % . Ante estas condicións, á cúpula de Lantero aínda lle sorprende que os traballadores plantexen unha folga indefinida a partires do vindeiro luns. Ante o recrudecemento do clima, a empresa xustifica as medidas de seguridade que incrementaron nos vindeiros días: cans de raza rotweiler e gardas xurados custodian as instalacións nas que arestora traballan 131 persoas. A Sete Canalriasbaixas non foi quen de poñerse en contacto nas últimas horas cos responsables do comité de empresa, ós que, desde aquí, convidamos a ofrecernos a súa versión dos feitos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/08/LANTERO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/08/novidades_lantero.mp4{/flowplayer}