Os chilenos aprenden en Galicia sobre a cadea mar-industria

    VILAGARCIA> Recollíamos estas declaracións esta mañá na sede do INTECMAR, que foi unha das paradas no transcurso dunha visita institucional dunha comitiva chilena. Altos cargos do país sudamericano están estes días en Galicia intentando aprender todo o posible sobre a nosa cadea mar-industria.

    Galicia é un referente a nivel mundial na pesca e exportación de peixes e mariscos. Por isto, é frecuente que representacións de varios países visiten as nosas terras co fin de coñecer sobre o terreo o funcionamento da cadea mar-industria. Unha destas visitas é a de altos cargos chilenos, entre eles o Subsecretario de Pesca e Agricultura de Chile, que están estes días no noso país. Tras visitar Conxemar e o CETMAR en Vigo, hoxe continuaron a súa visita de traballo no IGAFA, na Illa de Arousa, e na sede do INTECMAR en Vilaxoán. Aquí, a súa directora explicóullelos pormenores do funcionamento deste centro pioneiro no seu sector a nivel europeo. Sobre o terreo están prestando especial atención á producción do mexillón que eles tamén producen. Amais alí o mexillón non adoece da frecuencia de mareas vermellas como acontece nas Rías Galegas. Chile destaca actualmente polo repunte na exportación de salmón chegando ás sesenta mil toneladas actuais; amais da exportación doutras especies como o algazo ou a xibia. Con todo, a pesca en Chile tampouco está a atravesar o seu mellor momento. Outro punto de interese para a visita chilena é a de perfeccionar a trazabilidade e o cumprimento dos controis sanitarios internacionais, cada día máis esixentes e vencellados ó mercado.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/08/intecmar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/08/delegacion_chile_intecmar.mp4{/flowplayer}