RIBADUMIA> Xa está aquí a quinta edición da Romaría da Música de Ribadumia. O evento vaise celebrar este domingo na carballeira da localidade. Na cita deste ano van participar a banda Xironsa, Os Firrás do Grove e a banda Unión Musical de Allariz. A programación complétase con multitude de propostas gastronómicas e actividades para a rapazada.
Os amantes da música e do bo comer teñen unha cita este vindeiro domingo en Ribadumia. A carballeira da localidade acolle a quinta Romaría da Música de Ribadumia. Un evento impulsado pola Banda de Música de Ribadumia que inclúe este ano a visita de tres bandas.
O evento contará tamén cunha completa parte gastronómica. A organización agarda repartir unhas 500 racións das diferentes elaboracións. Para rematar a xornada, máis música.
Esta mañá, na presentación do evento, púxose en valor o apoio do concello a este proxecto. O alcalde, pola súa banda, aproveitou para agradecer a gran colaboración dos negocio sda zona para que esta romaría sexa unha realidade.
A xornada complétase, ademais, con xogos populares, inchables e talleres infantís.