A EDAR de Ribeira comeza a funcionar en probas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/16/depuradora_ribeira_1605161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/16/depuradora_ribeira_160516.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> A depuradora de Ribeira comezou a funcionar en probas. Estímase que non estará a pleno rendemento ata transcorrido un prazo de dezaoito meses. As obras da EDAR, que dará servizo a máis de trinta mil habitantes, concluíron o pasado mes de febreiro. Malia que as obras remataron xa no mes da febreiro, a estación depuradora de Ribeira funcionará en probas durante ano e medio co fin de detectar calquera incidencia. Polo momento, está a traballar a un dezasete por cento da súa capacidade e nos próximos meses irá ampliando ata completar o sistema. A instalación, emprazada en Couso, supuxo un investimento de vinte millóns de euros e dará servizo a máis de trinta e dous mil habitantes. Esta obra, compleméntase coa depuradora de Corrubedo que xa funciona a pleno rendemento. Está previsto que de cara ó mes que vén, finalizado o periodo de mantemento por parte da empresa, o concello asuma a xestión desta infraestrutura a través da empresa concesionaria do servizo de saneamento, Viaqua.