Veciños Independentes da Pobra insta a Portos a reparar o mobiliario da explanada portuaria

A POBRA> Veciños Independentes da Pobra presentou unha queixa ante o Valedor do Pobo polo mal estado do mobiliario na explanada portuaria. Piden a Portos de Galicia que acometa o arranxo ou substitución dos elementos deteriorados posto que supoñen un risco para os usuarios e veciños.

Veciños Independentes da Pobra decidiu recorrer ó Valedor do Pobo para instar a Portos de Galicia a acondicionar o mobiliario da explanada portuaria. Xa o goberno local remitiu no seu día un escrito ó departamento autonómico solicitando o arranxo ou substitución daqueles elementos en mal estado.

Denuncian dende a formación independente que o avanzado estado de deterioro nalgunhas zonas poden supoñer mesmo un risco para a integridade dos usuarios do porto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí