A Policía Local de Ribeira xa dispón de vehículos para realizar as patrullas

    RIBEIRA> O executivo ribeirense decidiu alugar un coche patrulla mentres agarda polo remate do proceso de contratación de dous novos automóbiles por renting. O executivo ribeirense recibía esta mañá o vehículo en alugueiro do que disporán os axentes da Policía Local para poder seguir realizando as súas patrullas. Súmase así ó coche itinerante de Tráfico do que dispón a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte que tamén prestará servizo na localidade nas próximas semanas. Trátase dunha solución provisional que o equipo de goberno tomou á espera de que remate o proceso de contratación de dous novos automóbiles a través de renting. Dende o equipo de goberno quixeron contestar tamén ós membros do BNG que os acusaban de incompetentes e de falta de previsión por non ter prevista unha partida para a mellora e compra de novos vehículos para a Policía Local. Os edís de Atención Cidadá e de Seguridade, Juan Luís Martínez e Victor Reiriz, respectivamente, tamén quixeron mandar un mensaxe de tranquilidade ós vecinos, negando que as patrullas dos axentes se viran reducidas polas avarías nos vehículos.