O BNG continuará defendendo o xeito nos Parlamentos Galego, Español e Europeo

    RIANXO> O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, avoga porque a Xunta, no caso de que saia adiante a proposta da Unión Europea, exerza as súas competencias en augas interiores das rías e permita a continuidade do xeito. Dase a circunstancia de que a Comisión de Pesca do Parlamento Galego aprobaba hoxe tamén por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para que a UE permita a continuidade do xeito e as modalidades de pesca artesanal respectuosas co medio ambiente. A iniciativa inclúe ademais a solicitude de medidas compensatorias para aliviar a difícil situación dun sector que se viu claramente prexudicado logo da prohibición da pesca da sardiña dende o pasado 18 de setembro por parte do Ministerio de Pesca.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí