Presentada a 14ª edición do Campionato Internacional de Taekwondo Cidade de Ribeira

RIBEIRA> Ribeira acollerá a próxima fin de semana, os días 18 e 19 de outubro, a décimo cuarta edición do Campionato Internacional de Taekwondo Cidade de Ribeira. A proba, organizada polo Club Natural Sport, prevé unha participación duns 600 taekwondistas. Un número lixeiramente inferior á do ano pasado, pola coincidencia do certame co open de Belgrado.

O Campionato Internacional de Taekwondo Cidade de Ribeira que se celebrará os días 18 e 19 de outubro no pavillón da Fieiteira é xa unha cita consolidada no calendario deportivo de Ribeira, proba diso son as xa catorce edicións disputadas. A día de hoxe na proba xa hai máis de trescentos inscritos. Aínda así o número de participantes descenderá con respecto a anos anteriores debido á súa coincidencia co certame co open de Belgrado. Unha das novidades deste ano será de novo a súa división en dúas xornadas. O sábado terán lugar os combates e o domingo acollerá as modalidades de exhibición e Freestyle. A competición abranguerá novamente a tódalas categorías, entre elas tamén os veteráns. No torneo está xa confirmada a participación de deportistas procedentes de clubs d etodo o ámbito nacional, así como tamén doutros países, como é o caso de Bélxica e Portugal. Dende a organización do torneo e dende o propio concello destacaron tamén a repercusión positiva que o campionato traerá esa fin de semana para a economía local. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/10/presentaciontaekwondocidaderibeira1010141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/10/presentaciontaekwondocidaderibeira101014.mp4{/flowplayer}