Os hostaleiros confían en poder abrir no verán aínda que con restricións

RIANXO> Aínda que o parón económico é xeneralizado, sen dúbida un dos sectores máis afectados por esta crise é a hostalería. Bares e Restaurantes permanecen pechados dende hai mes e medio coa consecuente perda de ingresos.

O pasado catorce de marzo, os bares de toda España baixaban o enreixado de xeito indefinido. Daquela, a maioría pensaba que se trataría dun peche de dúas semanas. Sen embargo, xa vai alá mes e medio no que a hostalería permanece totalmente parada. É o caso de Sandra, unha xoven autónoma que rexenta dous locais en Rianxo.

Con esta nova prórroga do estado de alarma, os hostaleiros non acaban de ver o futuro con certeza. E saben que están á cola no caso dunha desescalada progresiva do confinamento.

Confían en que a tempada estival non estea perdida por completo aínda que son conscientes de que a volta á normalidade terá aínda que agardar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí