VILAGARCÍA> A 40 días das eleccións galegas, comeza o desembarco de candidatos na nosa contorna. Hoxe visitou Vilagarcía o líder de PSdeG. De facerse coa presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero comprometeuse a construí-lo novo centro de saúde da cidade na antiga comandancia.
Os socialistas din estar convencidos de que a partir do 5 de abril, Gonzalo Caballero liderará un goberno alternativo a Núñez Feijóo. A 40 días dos comicios, o candidato do PSdeG reuniuse co alcalde vilagarcián. Comprometeuse a dotar á cidade dun novo centro de saúde na Comandancia.
O candidato socialista asegurou que, de chegar presidencia da Xunta, dotará de beirarrúas a Bamio en seis meses.
Sobre a confección de listas electorais, Gonzalo Caballero non desvelou ningún nome. Indicou, iso si, que O Salnés terá o peso que merece.
Neste primeiro acto de precampaña en Vilagarcía, Caballero e Varela estiveron arroupados tamén por moitos dos membros do grupo de goberno da cidade.