Inician as obras de remodelación da travesía de Venecia

    POBRA> Esta semana iniciáronse as obras de urbanización e acondicionamento da travesía da rúa Venecia. A actuación, presupostada nuns 219 mil euros, será financiada con cargo ó Plan DTC93 da Deputación da Coruña. Con ela o executivo pobrense pretende adecentar esta zona na que se concentra o centro de saúde, a residencia e o pavillón polideportivo, e na que nun futuro inmediato se porá tamén en funcionamento o centro de día.

    O alcalde, Isaac Maceiras, e o edil de Obras, Xosé Manuel Castro, visitaban esta mañá as obras de urbanización que se están cometendo na coñecida como travesía de Venecia. A actuación que está a realizar a empresa Oñial, conta cun orzamento de 219 mil euros, con cargo ó Plan DTC93 da Deputación da Coruña. Con ela o executivo pretende crear unha praza que comunique ós edicificos da residencia e o centro de saúde, co futuro centro de día. Construíndo novas beirarrúas e unha zona de estacionamento de vehículos e doándoa de mobiliario urbano. As obras incluirán tamén a renovación de servizos. O alcalde aproveitou a ocasión para anunciar, que unha vez rematada esta actuación, seguramente antes de finais de ano, está previsto tamén a posta en funcionamento do centro de día cuxas obras xa remataron. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/obrasremodelacionentornocentrodiapobra1510141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/obrasremodelacionentornocentrodiapobra151014.mp4{/flowplayer}