O executivo rianxeiro comparte o malestar polas obras pero alude ó interese xeral

RIANXO> O executivo rianxeiro manterá esta semana unha nova xuntanza con responsables da consellería de Infraestruturas e da empresa que acomete as obras de saneamento no municipio. A finalidade da reunión non é outra que trasladarlle o malestar existente entre os comerciantes da vila a consecuencia do peche ó tráfico na zona do porto.

Tratarán de buscar algunha alternativa que poida paliar as posibles molestias e perdas que as obras están a ocasionar.

O alcalde, Adolfo Muíños, comparte o malestar existente entre a veciñanza e os comerciantes da vila a consecuencia das molestias que están a ocasionar as obras de saneamento e renovación da EDAR que se acometen actualmente no Paseo da Ribeira.

Aínda así apoia a actuación, segundo el, de vital importancia para o municipio.

O que si apuntan dende o Concello é que tratarán de buscar algunha alternativa que palíe, na medida do posible, as posibles perdas que esta actuación está a ocasionar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí