
BOIRO> O concello de Boiro vén de renovar o convenio de carácter anual ca Cruz Vermella, que permitirá o desenvolvemento de diversas accións e actividades de asistencia social. Este acordo actuará principalmente en tres ámbitos: persoas maiores, infancia e mozos.
Xoán Xosé Dieste e María Luz González renovaban onte a tarde o convenio da Cruz Vermella co Concello de Boiro ca que levan colaborando dende o ano 2001. O Concello aportará 25.500 euros para o desenvolvemento de accións en materia de intervención social e atención á xuventude. A presidenta da Cruz Vermella, María Luz González, quixo agradecer ó Concello de Boiro a firma de dito convenio que actuará tanto en persoas maiores, na xuventude e nos mozos. Por outra banda, o alcalde, Xoán Xosé Dieste, destacou a importancia do convenio, no que repiten un ano máis, e o satisfeitos que están ca labor da Cruz Vermella de Boiro.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/convenioconcelloboirocurzvermella1510141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/convenioconcelloboirocurzvermella151014.mp4{/flowplayer}










