Esta mesma mañá iniciáronse as obras de peonalización da Avenida General Franco no concello de Ribeira. Os traballos, que se están a realizar en varios tramos, para minimizar as molestias para os veciños, corren a cargo da empresa construtora Seixo.
O 20 de decembro é a data prevista para a finalización da primeira fase das obras. O executivo local decidiu acomete-los traballos por tramos para minimiza-los trastornos que produzan os traballos na vida dos veciños e residentes na zona.
O obxectivo fundamental deste proxecto é potencia-lo sector comercial da localidade mediante a creación dun centro comercial aberto nun entorno peonil. Así mesmo, pretende ser un reflexo da política do concello no referente á humanización do centro de Ribeira que ten como obxectivo dotalo de máis espazos destinados ós peóns.
O alcalde, Xosé Luís Torres Colomer, visitou esta mañá a zona para supervisa-lo comezo das obras. Tras comproba-lo estado “in situ”, o rexedor amosou a súa satisfacción pola repidez coa que se acometeron os traballos. Así mesmo, expresou os eu convencimento de que este proxecto contribuirá a benefeciar o comercio local e á vila no seu conxento.
Nesta liña de actuacións de cara a un urbanismo máis moderno, o concello ten previstas xa unha serie de melloras na rúa Pedro Arias e adxacentes. Esta actuación, plantexada para todo o entorno das denominadas “Casas Baratas” xa se atopa en fase de licitación.
Redacción Barbanza