O GROVE> O Grove contará o próximo ano con máis de sesenta mil euros para o acondicionamento de viais rurais como o que une os núcleos de Balea con Rioseco. É unha das últimas actuacións encadradas no Plan Marco de mellora de Estradas Rurais impulsado pola Xunta e que permitirá ós veciños destes lugares contar con accesos adecentados para a entrada a fincas e vivendas. Con este de Rioseco, en San Vicente do Mar, conclúen as actuacións do Plan Marco da Xunta no Grove para este ano. Xa hai aberta unha nova liña de subvencións para o próximo 2015. Anualidade na que a vila meca contará con 67.421 euros cos que seguir acondicionando viais rurais. Nos próximos días o concello terá que elaborar o proxecto no que se recollan as novas vías que se queren arranxar con cargo ó Plan do 2015. En calquera caso concentraranse nesta zona de San Vicente. En total a consellería do Medio Rural investiu este 2014 máis de catrocentos mil euros na rehabilitación de estradas rurais no Salnés. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/planmarcogrove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/PLAN_MARCO_GROVE.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas








