Primeira xornada de evisceración da vieira en Cambados

CAMBADOS> A planta de evisceración de vieira en Porto de Cambados xa está a pleno rendemento dende a primeira hora de este martes. Uns 40 operarios traballan na evisceración do molusco nesta instalación cambadesa.

Nesta campaña a vieira si chegará a tempo, para gañar protagonismo nas celebracións de Nadal, xa que o ano pasado non se puido recoller debido ao seu pequeno tamaño.

Se aínda non teñen moi claro o menú para estas importantes datas dende Porto Cambados téñeno claro.
A campaña que comezou este luns non puido comezar mellor, os participantes da extracción sinalan a gran calidade do molusco, que sen dúbida fará as delicias dos padais máis esixentes.