BOIRO> O Club Deportivo Boiro xogará a final da Copa Federación tras vencer ó Ordes por un gol a cero, cun tanto de Adrián Armental. O partido disputado onte pola noite en Vista Alegre congregou a numerosos afeccionados que se achegaron ata as instalacións municipais a pesar da adversa metereoloxía.
O Boiro espera rival xa para a disputa da final da Copa Federación. Un rival que sairá precisamente do vencedor do encontro que esta mesma noite enfronta ó Coruxo e o Barbadás. Os de Juan Carlos Andrés realizaron un bo encontro, e a pesar da adversa metereoloxía, que en ocasións mesmo condicionou o partido, foi quen de sacar adiante esta eliminatoria ante o Ordes. Fixoo grazas a un tanto de Adrián Armental ó pouco do inicio da segunda metade. O ribeirense lograba o gol nun remate a centro de Mario. A partir dese momento o Boiro non pasou por demasiados apuros, tendo ademais outra boa ocasión para aumentar a vantaxe no marcador, nunha boa xogada de Padín que Adrián Armental non foi quen de materializar ante o porteiro visitante. Nas gradas de Vista Alegre viviuse tamén con gran emoción o choque, sendo numerosos os afeccionados que quixeron acompañar, a pesar da climatoloxía, ó Boiro neste importante enfrontamento. Mentres agarda rival xa para a final deste torneo, os boirenses xa teñen postas as súas miras no próximo encontro de liga, onde non están a pasar polos seus mellores momentos con tan só unha vitoria no que vai de tempada. Será este próximo domingo no Municipal de Barraña ante o sempre complicado Cerceda. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/16/boiro-ordescopafederacionfutbol1610141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/16/boiro-ordescopafederacionfutbol161014.mp4{/flowplayer}