Galicia Calidade en Ruta promociona os produtos galegos este Nadal

9

VIGO> De cara a estas festas tan especiais sempre intentamos buscar o mellor para os nosos. E dentro dos produtos de calidade, os galegos non teñen nada que envexar ós de outros lugares. De feito, moitas veces son máis prezados na diáspora que entre nós. Conscientes desta necesidade Galicia Calidade promove estes días varias accións divulgativas nas grandes cidades galegas. Hoxe estivemos no Galicia Calidade en Ruta en Vigo.

Galicia Calidade en Ruta percorre estes días a nosa comunidade. Trátase dun roadshow que está a recalar en sete grandes cidades galegas: un camión acondicionado ó xeito dun restaurante no que se desenvolven catro accións de promoción dos produtos galegos de calidade. Esta campaña de fin de ano pretende dar un importante pulo ós produtos galegos que contan con selos de garantía como denominacións de orixe protexida, indicacións xeográficas protexidas, agricultura ecolóxica ou outras marcas de calidade; todos eles baixo o paraugas da marca Galicia Calidade. Estas accións divulgativas están destinadas a profesionais do sector da hostalería, prescritores e consumidores en xeral; especialmente nestas datas de Nadal nas que tomos nos esforzamos un pouco máis en dar o mellor ós nosos. E amais de para o consumo, os produtos amparados baixo o marchamo de Galicia Calidade son tamén a mellor das opcións para regalar estas festas. De feito, amais de produtos alimenticios, inclúe outras opcións como xoiería, artesanía ou paquetes hoteleiros.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/12/galicia_calidade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/12/galicia_calidade_en_ruta.mp4{/flowplayer}