Portos promociona a náutica galega como enclave estratéxico en París

PARÍS> A náutica galega continúa a súa xira por Europa. Portos de Galicia está presente no Salón Náutico Internacional de París e, dende o stand da Xunta de Galicia, presume das posibilidades que neste eido ofrece a nosa comunidade. Unha oferta que cada vez está máis valorada entre os visitantes náuticos.

Os portos galegos de titularidade autonómica teñen estes días unha nova oportunidade para promocionar a súa oferta. Baixo o paraugas de Portos de Galicia están a participar no Salón Náutico Internacional de París.

Segundo Durán, o 2018 foi un ano destacado polo pulo internacional que se lle deu á náutica galega. Por iso xa pensan no 2019 como un período de expansión no aspecto promocional, para seguir captando ao usuario esixente que escolle os portos galegos como destino.

E é que a náutica colle cada vez máis peso como motor da economía galega. Máis aínda pola boa imaxe que teñen da oferta autonómica os países da nosa contorna.

O presidente de Portos de Galicia tamén destacou a importancia da náutica como sector creador de empregos, tanto directos como indirectos, favorecendo por exemplo a actividade económica no mundo do mar e da pesca.