O Boiro enfrentarase ó Coruxo na final da Copa Federación

BOIRO> O Club Deportivo Boiro xa coñece o seu rival na final autonómica da Copa Federación. Será o Coruxo que onte pola noite derrotaba ó Barbadás por un gol a dous. Representantes de ambos clubs, e tamén da propia Federación, deberán reunirse a próxima semana para determinar día e lugar no que se xogará o encontro, ó que os boirenses chegan por primeira vez na súa historia. De seguro non o terán fácil. Xa que o conxunto vigués, dirixido por Rafa Sáez, está a realizar un meritorio papel neste inicio de liga na Segunda División B. Precisamente para seguir mellorando a actual plantilla, o Club Deportivo Boiro vén de anunciar tamén a fichaxe do dianteiro Adrián Quintairos. O xogador ourensán, actualmente no Negreira, conta cunha gran experiencia tanto en Terceira como en categorías superiores, militando en equipos coma o Real Madrid B, o Celta B ou o Ourense, entre outros.