O Goberno Central modifica os requisitos das axudas ós cerqueiros polo amarre temporal

GALICIA> O Ministerio de Agricultura vén de modificar os requisitos ós cerqueiros para que poidan acceder ás axudas por amarre temporal, a raíz do peche da pesquería da sardiña no Cantábrico Noroeste e no golfo de Cádiz. Se antes, para poder acceder a estas axudas había que acreditar que un 25% das descargas realizadas, ou no seu caso o valor das mesmas, entre os anos 2002 e 2014 eran de sardiña, no novo texto rebaixouse ó 20% esa porcentaxe.

Con este rebaixa que o ministerio de Agricultura vén de introducir o número de barcos susceptibles de beneficiarse da medida elevaríase a un total de 227, fronte ós 195 que tiñan antes opción a poderse acoller a estas axudas polo amarre temporal polo peche da pesquería da sardiña, aumentando ademais a 2.281 o número de tripulantes afectados. Aínda así o período de parada, manténse do mesmo xeito, entre o 1 de outubro e o 30 de novembro. Cabe lembrar que o propio cerco galego propuña que se incluise tamén decembro. O Goberno Central ten previsto destinar uns seis millóns e medio de euros a estas axudas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/autorizacionamarrecerqueiros1710141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/autorizacionamarrecerqueiros171014.mp4{/flowplayer}