Arousa Norte organiza un curso de traballos forestais na Pobra

    POBRA> A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte está a desenvolver na Pobra un curso de traballos forestais. Este é o segundo ano consecutivo que se realiza esta acción formativa que terá unha segunda edición en Boiro.

    Debido a gran demanda que tivo na súa primeira edición, a Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte, decidiu organizar novamente este curso formativo de traballos forestais, conservación do medio natural e manexo da maquinaria e ferramentas. Este ano vanse levar a cabo dúas edicións, unha delas xa está tendo lugar na Pobra do Caramiñal coa participación dun total de doce alumnos. O curso ten unha duración total de 120 horas, 30 delas destinadas a formación teórica e 90 a formación práctica. As clases teóricas estanse desenvolvendo na escola de música do Campiño donde ademáis practican cas ferramentas, mentres que as prácticas realízanse nunha parcela forestal situada en Quintáns. Este curso terá continuidade tamén en Boiro, desenvolvendose do 27 do outubro ó 14 de novembro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/cursotraballadorforestalarousanorte1710141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/cursotraballadorforestalarousanorte171014.mp4{/flowplayer}