O Plan Xacobeo traballará en Pontevedra como sede do camiño portugués

    PONTEVEDRA> O director xerente do Plan Xacobeo, Ignacio Rodríguez, visitou  xunto coa delegada de industria Montserrat Prado, o concello de Pontevedra para traballar na mellora e promoción do camiño de Santiago o seu paso por esta cidade. Deste xeito traballarase na promoción exterior da ruta e na recuperación patrimonial dos lugares por onde pasa.

    A visita tiña como obxectivo coñecer de primeira man as necesidades da sede do camiño Xacobeo portugués: Pontevedra. Deste xeito o director xerente do Plan Xacobeo, o concello e a xunta de Galicia traballarán man a man na promoción da cidade como lugar de paso desta ruta, na mellora do patrimonio histórico e nas actividades culturais que se desenvolverán en Pontevedra.

    O Plan Xacobeo pola súa banda encargarase da promoción exterior da cidade e na revitalización dos albergues en épocas de pouco turismo.

    Redacción Salnés