As persoas xordas reclaman maís intérpretes para a súa plena inclusión social

PONTEVEDRA> ¿Imaxinan non poder estudar a carreira que desexan, non poder asistir a unha conferencia sobre un tema que lles interesa ou que os seus fillos queden atrasados en clase por sufrir unha discapacidade? É a situación que viven a diario moitas persoas xordas. E todo por non dispoñer dun intérprete. Reclaman a súa plena inclusión na sociedade e que se lles respecten dereitos básicos como o acceso igualitario á educación. Nun mundo no que as administracións se afanan por eliminar as barreiras arquitectónicas ou se fala sobre a inserción laboral de persoas con discapacidades físicas, existen outros colectivos que reclaman o seu oco. Ser escoitados, aínda que eles non poidan alzar a voz. Falamos das persoas xordas. Asistir a unha conferencia pública, a unha clase na universidade ou mesmo ó cine segue a ser case un imposible para aqueles que padecen unha discapacidade auditiva. Para visibilizar o problema, desde as asociacións como Río Lérez de Pontevedra, organizan actividades coas que fomentar a converxencia entre oíntes e non oíntes, ademais de promover accións coas que visibilizar as súas necesidades. Fomentar a converxencia entre persoas con e sen discapacidade foi precisamente o obxectivo das xornadas que a Asociación organizou esta fin de semana en Pontevedra. Unha iniciativa pioneira en España á que asistiron preto de cen persoas e que valoran como todo un éxito. A Asociación Río Lérez conta cun cento de usuarios. Promover a formación e estender a lingua de signos é unha das actividades centrais da entidade, como vía a favorecer esa integración e igualdade social. Desde a Asociación reclaman máis apoio a nivel institucional, pero pensan que será cuestión de tempo que se fagan visibles as súas necesidades. Apoio que si ven na sociedade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/21/asocxordosriolerez.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/21/COACHING_XORDOS.mp4{/flowplayer}