BOIRO> A campaña solidaria ‘Doa un sorriso’ promovida pola Clínica Dental Rebeca Ozores ten coma principal obxectivo recadar a maior cantidade de alimentos posible, así como tamén produtos de primeira necesidade e material escolar, para a súa entrega a Cáritas e Cruz Vermella, entidades que se encargarán posteriormente de distribuilas entre aquelas familias máis necesitadas do municipio.
Na iniciativa, coa que tamén colabora a ABE, poderán tomar parte tódolos negocios que o desexen, sexan ou non socios da patronal boirense, que deberán inscribirse previamente.
Para incentivar a participación, sortearanse tamén diversos premios, tanto para aqueles comercios adheridos á campaña como tamén para todas aquelas persoas participantes.
Dende Cáritas e Cruz Vermella, as dúas entidades beneficiarias desta campaña, agradeceron a iniciativa, que permitirá satisfacer as necesidades de ámbolos dous colectivos.
Dende tódolos colectivos implicados na campaña fan unha chamada a participar coa iniciativa que se prolongará ata o 31 de outubro.