ACTEMSA acolleu a pasada tarde a sesión plenaria da Cámara de Comercio de Santiago

POBRA> Máis de 30 mil empresas e autónomos de 32 concellos conforman a Cámara de Comercio de Santiago.

De aí, a súa importancia clave na defensa dos intereses dos diversos sectores representados así como interlocutora coa administración pública.

Así o destacou o Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración que presidiu o pleno da entidade celebrado nas instalacións da empresa ACTEMSA Na Pobra.

Na súa intervención o Conselleiro afondou na necesidade da colaboración público-privada,

José González tivo tempo tamén de realizar unha visita ás instalacións de Actemsa acompañado do director xeral e vicepresidente da compañía, José Luís Escurís.

A firma pobrense, dedicada á importación e exportación a nivel global de peixe conxelado, segue co seu Plan de Reestructuración, co que pretende garantir o mantemento da actividade empresarial e da totalidade dos máis de 200 postos de traballo cos que conta na actualidade.