Marta Rodríguez: ‘Son as contas da sanidade, a educación, os servizos e o emprego’

    VILAGARCÍA> Entregado onte no Parlamento o Proxecto de Orzamentos de Galicia para 2015, e tras unha primeira análise, hoxe foi día de valoracións por parte dos grupos políticos. Para o Partido Popular son unhas contas que apostan polo social e o emprego sen deixar de lado investimentos como a ampliación do Hospital do Salnés ou o Centro de Día de Cambados. Para a oposición, ‘as contas da mentira’, como apuntan desde o Bloque Nacionalista Galego. VILAGARCÍA> Oito de cada dez euros dos presupostos autonómicos para 2015 destinarase a servizos esenciais. Sanidade, educación e dependencia acaparan o 78 por cento do gasto nunhas contas que medran 45 millóns de euros con respecto ó ano pasado, quedando na cifra total de 8.436 millóns euros. Deles, máis de 20 millóns corresponde á comarca do Salnés. A ampliación do hospital do Salnés, o servizo de Gardacostas de Vilaxoán, o Centro de Día de Cambados ou a segunda fase do saneamento do Saco de Fefiñáns centrarán o groso dos investimentos. A popular Marta Rodríguez, durante o seu desglose das contas para a comarca, salientou tamén os investimentos en materia de emprego, con dous plans configurados segundo treitos de idade. Indo ó detalle, a Xunta destina 5,4 millóns de euros á reforma e ampliación do Hospital do Salnés, que cos catro que se adxudicaran neste 2014 suman case os 9,7 millóns nos que está orzamentada a obra. O sector do mar tamén leva un belisco destacado, con preto de dous millóns de euros para persoal e equipamentos do servizo de Gardacostas de Vilaxoán, o Intecmar leva 122.541 euros. A consellería do Mar tamén reserva 352.770 euros para equipamentos pesqueiros en Vilagarcía e 72.000 para o Grove, ademais de 70.000 para o Plan Galego de Investigación, en Vilanova. O municipio meco recibirá máis dun millón de euros para infraestruturas deportivas, mentres que para Cambados irán máis de medio millóns para accións en zonas rurais, outro tanto para o Centro de Día de Maiores e 670.000 euros para a segunda fase do Saneamento do Saco. Á marxe de actuacións en depuradoras e saneamento en diferentes concellos do Salnés, nada se atopa do desdobramento da estrada entre Vilagarcía e Pontetevedra ou unha dotación para un novo centro de saúde en Vilagarcía, unha das críticas lanzadas pola oposición. A este respecto Marta Rodríguez insiste en que no Partido Popular están abertos a negociar as contas, pero para iso, ten que haber disposición por parte dos demais grupos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/21/PRESUPOSTOSMARTA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/21/VALORACION_PP_PRESUPOSTOS.mp4{/flowplayer}