O CR Cabo de Cruz poderá disfrutar da súa nova dese este verán

BOIRO> O alcalde, José Ramón Romero, e o edil de Urbanismo, Luís Ruíz, visitaron esta mañá as obras do Club de Remo Cabo de Cruz. A finalidade da visita non era outra que comprobar o estado de execución dos traballos. A intención do executivo local é que as instalacións poidan estar operativas xa este verán.

Despois de anos agardando, o Club de Remo Cabo de Cruz poderá disfrutar este verán da súa nova sede. Unhas instalacións modernas, totalmente equipadas, á altura dun Club coma o crucense, un dos máis laureados do remo galego, e en pelexa constante cos equipos vascos, na vangarda deste deporte a nivel nacional. Así o anunciou esta mañá o alcalde, José Ramón Romero, durante unha visita que realizou ás instalacións para comprobar a boa marcha dos traballos.

Na visita estivo acompañado do edil de Urbanismo, Luís Ruíz, que se referiu a varias modificacións que houbo que realizar sobre o proxecto inicial que provocaron unha pequena demora no prazo de execución das obras e tamén un lixeiro incremento nos custes totais do proxecto. Hoxe en día por riba do 1’2 millóns de euros.

Precisamente unha desas melloras introducidas no proxecto tivo que ver co redeseño do foso. Sen dúbida un dos máis modernos dos que se dispoñen en Galicia. Cun deseño específico que permite simular condicións reais en competición.

O grosso das obras xa está realizado e agora trabállase na preparación dos illamentos do chan e os acabados finais, polo que as instalacións poderían estar xa operativas durante o verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí