O PP noiés denuncia a ausencia de limpeza nas rúas da vila

    NOIA> O PP Noiés vén de denunciar o estado das rúas no que respecta ó seu mantemento e á súa limpeza viaria. Critican o abandono que se fixo destas nos últimos anos e, debido a iso, a imaxe que levaron os turistas da vila. Segundo os populares un dos exemplos é o estado da Alameda, na que o piso está levantado, leva sen baldear desde o verán e sen limpar durante as festas de San Bartolomeu. Isto tamén ocorre nas parroquias rurais, onde os labores de limpeza e desbroce son deficientes. O PP de Noia denuncia o avance da maleza polas beirarrúas e as zonas de ocio e non entenden porque se creou unha brigada de Medio Ambiente se está totalmente desaparecida.