Lores: ‘Estou vivindo un dos mellores mandatos da miña vida política’

PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mantivo un encontro cos distintos medios da Boa Vila nun almorzo informativo. O rexedor realizou un balance polo miúdo dos distintos asuntos de relevancia que se sucederon ao longo dos últimos doce meses, así como unha valoración da relación do Concello con outras institucións ou a súa visión xeral do presente pontevedrés.

Lores destacou o traballo feito polo seu goberno dende as eleccións municipais de 2023, asegurando que daquela tomou nota do toque de atención que lle dera a veciñanza. O nacionalista defendeu o esforzo de xestión e priorización do traballo do seu equipo, como se demostran os “moitísimos” proxectos que están en marcha nestes momentos na cidade. “No seu día dixen que cría que este podía ser un dos mellores mandatos da miña vida como
alcalde, e esta é unha idea da que estou plenamente convencido á vista dos feitos”, indicou.

Puxo en valor actuacions de todo tipo previstas en Monte Porreiro, na Parda, na Seca Valdecorvos, en Mollavao, en Campolongo… sen esquecer a importancia da posta en marcha do contrato de residuos ou as actuacións feitas no rural.

O alcalde asegurou que este é un dos seus mellores mandatos.