PONTEVEDRA> A Facultade Ágora xa está en marcha. Esta mañá deuse o pistoletazo oficial ás xornadas formativas sobre o espazo público impulsadas dende a Deputación de Pontevedra. Trátase dun entorno de reflexión multidisciplinar que aposta por recuperar o espazo público de calidade para as persoas. O director de Axenda Urbana do Ministerio de Mobilidade exerceu de padriño. Iñaqui Carnicero asegurou que agarda que a Facultade Ágora sirva de revulsivo para contaxiar a aposta da Deputación a outros puntos do Estado.
Pistoletazo de saída oficial á Facultade Ágora. Ata final de ano expertos de diferentes disciplinas participarán nos 12 seminarios programados no marco desta iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra. O obxectivo: conseguir a transformación dos espazos públicos poñendo no centro ás persoas.
Nesta Facultade Ágora a Deputación condensa a súa filosofía por mudar o modelo de mobilidade da provincia polo que apostaron hai xa seis anos. Un coñecemento que tamén queren seguir ampliando.
O inicio oficial da Facultade contou cun padriño de excepción. O director xeral de Axenda Urbana do Ministerio de Mobilidade loubou a iniciativa da Deputación pontevedresa e o modelo Pontevedra. Para Iñaqui Carnicero, esta é unha oportunidade de estender a aposta pola calidade urbana a todo o Estado.
A que se inaugurou hoxe é a primeira edición da Facultade Ágora, pero este espazo nace con vocación de continuidade. Dende a Deputación aspiran a que se consolide e que se poida exportar ao resto do Estado e a diferentes partes do mundo.