POIO>
O presidente de Portos de Galicia estivo nas últimas horas en Poio para ultimar varias actuacións que o ente ten previsto iniciar nos peiraos do municipio. No de Raxó van realizar unha reordenación de fondeos, en Covelo están iniciando a construción da ponte e en Campelo instalaranse contedores que servirán de almacén para pertreitos.
Portos de Galicia proxecta ordenar un polígono de vinte fondeos no porto de Raxó para reorganizar as embarcacións. É unha das actuacións que o ente ten en marcha nos peiraos de Poio. O inicio da actuación está pendente do informe preceptivo de Portos.
As que si acaban de comezar son as obras de construción da ponte de Covelo. En mes e medio deberían estar concluídas, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. No porto de Campelo Portos de Galicia informou ás confrarías de que o material que se extraeu da dragaxe pode empregarse para rexenerar.
Tamén en Campelo se proxecta a instalación de entre doce e quince contedores que servirán de almacén. A obra xa está contratada polo que se prevé que nas próximas semanas os contedores queden instalados.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/PTE_PORTOS_POIO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/PTE_PORTOS_POIO.mp4{/flowplayer}