O PP asegura que os presupostos da Xunta garanten todos os servizos na comarca

    NOIA> O Partido Popular compareceu en rolda de prensa para facer unha valoración dos orzamentos xerais da Xunta do ano 2015 na comarca do Barbanza. Dende as filas populares resaltaron que é a primeira vez que se disminúen os gastos financieiros nos últimos dez anos e recalcaron os investimentos que van ter lugar en infraestructuras e saneamento.

    Esta mañá os tres deputados do Partido Popular que representan a comarca do Barbanza fixeron un balance dos orzamentos xerais da Xunta para o vindeiro ano 2015. Algúns dos seus obxectivos céntranse na diminución do paro e no maior crecemento económico; polo que se van a aumentar 48 millóns de euros no desemprego, que é un dos maiores problemas. Outros puntos de interese foron os investimentos en infraestructuras e saneamento. Vaise levar a cabo a depuración de augas residuais das rías e tamén se mellorará a comunicación Santiago Noia e a comunicación polo interior hacia Boiro. Destacaron tamén a implantación de caldeiras de Biomasa, con enerxía xeotérmica e os 50.000 euros que van ser destinados para a operatividade do servizo de gardacostas para controlar o furtivismo. Galicia é a comunidade autónoma que máis axudas aporta á natalidade de todo o Estado; polo que nos orzamentos de 2015 destínanse entre 100 e 200 euros durante tres anos dependendo da idade do fillo. O que se pretende é manter os servizos básicos de educación, sanidade e servizos sociais e abrir novas áreas de servizos tecnolóxicos.