O Barbanza súmase ás concentracións de apoio a Ucraína

BARBANZA> Tamén os concellos do Barbanza sumáronse á convocatoria de concentracións solidarias da Federación Española de Municipios e Provincia. O mal tempo non foi escusa para que veciños e traballadores municipais asistiran á cita en solidariedade co pobo ucraíno.

Esta foi a imaxe máis repetida este mediodía ás portas dos concellos do Barbanza. Os membros das corporacións locais pero tamén traballadores municipais e numerosos veciños quixeron amosar así a súa solidariedade co pobo ucraíno. Na Pobra desafiaron a insistente chuvia que caía ás doce da mañá para expresar a condena á invasión rusa de Ucraína.

A protesta concluíu con cinco minutos de silencio que deron paso a un enérxico aplauso. En Boiro, a planta baixa da casa consistorial foi escenario dun acto similar encabezado polos membros da corporación municipal, técnicos do concello e varios cidadáns anónimos. En Ribeira, os soportais da praza do concello acubillaron ós numerosos asistentes ó acto que finalizou coa lectura da declaración do manifesto de condena de agresión á Ucraína elaborado pola FEMP.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí