O Canal Rías Baixas visita o Colexio San José

PONTEVEDRA > Os alumnos do Colexio San José están realizando un proxecto sobre os medios de comunicación para coñecer o seu funcionamento e a súa importancia na actualidade. Esta mañá viviron máis de cerca o traballo que facemos na televisión.

O Canal Rías Baixas visitou esta mañá o colexio San José para coñecer máis de cerca o proxecto sobre medios de comunicación que están a levar a cabo no centro.

Seguindo a liña do proxecto, os nenos experimentaron en primeira man como é o traballo na televisión.  Aprenderon as nocións básicas sobre o funcionamento e a división de tarefas dos equipos: búsqueda da información, grabación, locución e montaxe.

Os cativos desfrutaron da actividade e animáronse a experimentar  o que se sinte diante e detrás da cámara gravando e entrevistando aos compañeiros. Non faltaron os nervios e as risas e máis de un parecía estar moi familiarizado co mundo audiovisual.

Está claro que estes nenos e nenas están moi  acostumados aos novos medios. Iso favorece o seu desenvolvemento nun mundo no que a tecnoloxía está en continuo avance e revolucionando os métodos de ensino tradicionais.

 

Comments are closed.