Denuncia a unha profesora do CEIP Xunqueira II por malos tratos aos alumnos de terceiro de primaria

Pontevedra> Os pais e nais dunha das aulas de terceiro de primaria do colexio da Xunqueira II amosaron esta mañá a súa preocupación ante as cámaras do Canal rías baixas polo comportamento da profesora dos seus fillos á que denuncian de maltrato. Na actualidade esta profesora está de baixa pero os pais teñen claro que non permitirán que esta mestra volva a impartir clases aos seus pequenos. 

 

O inicio de curso no colexio da Xunqueira II parecía normal pero co paso dos primeiros días os alumnos dunha das aulas de terceiro de primaria comezaron a amosar as súas primeiras queixas polo trato que a súa profesora, nova no centro, tiña con eles. 

Na actualidade a profesora está de baixa a investigación en marcha. Os inspectores de educacións xa tomaron declaracións aos pequenos de 8 anos pero os pais seguen amosando a súa preocupación ante esta situación. 

Os pais e nais destes 25 alumnos da Xunqueira II teñen claro que agora a Administración deben realizar o seu traballo. 

Estas nais e pais teñen claro e farán todo o posible para conseguir que esta profesora non lle volva a dar clases aos seus pequenos. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/17/profe_xunqueira_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/17/profe_xunqueira.mp4{/flowplayer}