RIANXO> A caída dos ingresos está a poñer contra as cordas a moitas confrarías arousás que, nalgúns casos, non poden nin manter o persoal. En Rianxo agardan non ter que adoptar máis medidas tralo despedimento de dous traballadores a principios de ano.
No que vai de ano, a lonxa de Rianxo leva facturados tan só 80 mil euros, o que supón unha drástica baixada con respecto a anos anteriores.
A pesar da gravidade da situación, dende o pósito rianxeiro agardan non ter que afrontar máis despedimentos. Confían en que as axudas de Xunta e Deputación sumadas ós ingresos derivados do bou de vara e do xeito para poder manter o persoal aínda que a confraría terá que asumir as perdas.
Na actualidade, son estas dúas artes as que sosteñen a actividade posto que o marisqueo a pé estará parado previsiblemente ata finais de ano. O panorama non mellora na actividade a flote posto que as mostraxes son bastante pesimistas abrindo a porta á posibilidade dun cese temporal.











