“Estou con máis forzas ca nunca para seguir traballando”

     PONTEVEDRA> Cando chega ó ecuador do seu cuarto mandato, Férnandez Lores asegura que mantén o mesmo ímpetu que o primeiro día.

    {flowplayer}images/salnes/BalanceLores_220513.flv{/flowplayer} 

    Férnandez Lores referiuse a este como o seu mandato máis intenso xunto co primeiro que tivo que afrontar entre 1999 e 2003. O rexedor pontevedrés indicou que dende o goberno local tiveron que tomarse decisións moi importantes debido á situación de crise na que se veu envolto o país.

    Referiuse ós recortes do goberno de Mariano Rajoy, á reforma constitucional ou ó Tratado de Lisboa, novas normas que lles obrigan a adaptarse ós novos tempos. Lores asegurou que estes últimos dous anos serviron para constatar o modelo de Pontevedra como cidade de vangarda, feita para as persoas. Os recoñecementos a nivel internacional danlles folgos para continuar na mesma liña de traballo.

    O alcalde tamén lle quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade ós cidadáns. Asegurou que preocúpanlle os problemas do pontevedrés de a pé e están a traballar por e para eles. 

    Lores concluíu que a boa situación financieira que atravesa o concello ben dada polo gran traballo feito neste senso nos últimos anos. Un fondos que permitrán atender e dar resposta ás demandas e necesidades máis prioritarias.

    Redacción Salnés