Ti decides quen che leva á casa este Nadal

RIANXO> E algo xa habitual por estas datas. Coa chegada das festas de Nadal, chega tamén a agardada campaña de tráfico da Policía Local de Rianxo que busca concienciar á sociedade para que non se colla o coche baixo os efectos do alcol ou as drogas durante as festas.

E este ano, vendo o éxito obtido, decidiu repetir a foto da campaña realizada o primeiro ano no que se lanzou esta iniciativa.  ‘En taxi, nun coche policial, en ambulancia ou nun vehículo dunha funeraria…ti decides quen che leva a casa’.

Segundo sinalan dende a propia Policía rianxeira, a mensaxe é a mesma de cada ano, se consumes alcol ou drogas non conduzas, para que esta noitevella ningunha familia teña que recibir a peor das chamadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí