Abren dúas investigacións para esclarecer o accidente dunha avioneta en Barro

BARRO> Membros da Comisión de Aviación Civil chegaron hoxe desde Madrid para abrir unha invetigación paralela á da Garda Civil sobre o accidente de avioneta que onte tivo lugar en Barro. A aeronave caía sobre o medio dia moi preto da AP9 tras realizar unha aterraxe de emerxencia por rexistrarse un fallo técnico durante o voo. Os catro ocupantes resultaron feridos de diversa consideración, pero as súas vidas non corren perigo. Ás once e vintecinco da mañá partía onte do aeroporto vigués de Peinador a avioneta modelo Piper PA-28 no que era unha viaxe de lecer pola ría de Pontevedra. Ó seu mando Sergio Lloves, de 50 anos, piloto de dilatada experiencia, Alberto Sánchez, de 43, copiloto e socio do Club Aéreo de Vigo, e Beatriz Rodríguez, de 52, e Josefa Estévez, de 51 anos de idade e parella que de Sánchez. Sobrevoaban a ría cando na máquina se rexistrou un fallo mecánico, todo apunta a unha parada no motor. O piloto intentou nese intre unha aterraxe de emerxencia no polígono de Barro Meis, aínda baleiro, pero cando estaba tocando terra parece que o motor se reactivou e volveu despegar. Por pouco tempo. Á altura de Curro o aparato caía moi preto da AP9. Malia a magnitude do impacto, a avioneta quedou en relativo bo estado. Dous dos seus ocupantes saíron da aeronave polo seu propio pé e mentres chegaba o dispositivo de emerxencia tentaban sacar ó piloto, atrapado e unha das mulleres que seguía dentro. Todos resultaron feridos, o máis grave Sergio Lloves, o piloto, que foi trasladado ó Clínico de Santiago aínda que está fóra de perigo. Polo xeral presentan fracturas e magoaduras de diversa consideración. A Garda Civil xa está a estudar as causas do sucedido e esta mañá chegaban ó lugar do sinistro membros da Comisión de Aviación Civil para iniciar outra investigación paralela. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/27/ACCIDENTEAVIONETAAP9.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/27/ACCIDENTE_AVIONETA_AP9.mp4{/flowplayer}