Localizan na Toxa un cento de raias mortas nos aparellos dos furtivos

O GROVE> Localizado máis dun cento de raias mortas na enseada da Toxa. Todo apunta a que os animais son os descartes que caeron nos aparellos de pescadores furtivos.  Seica este tipo de prácticas son bastante habituais na zona. O caso xa foi denunciado perante as autoridades.

Unha, dúas e así ata contar máis dun cento de raias mortas na enseada da Toxa. Todo apunta a que son os descartes dun grupo de pescadores furtivos. Moitos dos animais son crías ás que non lle atopan saída no mercado.

José Cigarrán é un experto no mundo mariño que por casualidade descubriu esta macabra escena. Agora, indignado coa matanza descontrolada de peixes, denuncia este tipo de pesca non selectiva, moi habitual entre os furtivos.

A situación agrávase tendo o lugar no que estamos, unha zona de desove de moitas especies, na que está prohibida a pesca e que conta cunha forte protección medioambiental.

Todos estes datos xa foron postos en coñecemento tanto do Seprona como da Confraría, sen que –polo de agora- José recibise resposta algunha. Pide que se teñan en conta episodios como este, para que non se volvan repetir, e demanda unha protección real e máis concienciación social.

Polo de agora o único que conseguiu José foi enviar estas imaxes, gravadas por el mesmo, ó CSIC. Alí tentarase determina-lo tipo de especies que poden verse afectadas por estas prácticas dos furtivos nunha zona como esta na que a pesca está restrinxida.