O BNG de Boiro súmase ós actos en contra das reválidas e a LOMCE

    BOIRO> A formación rexistrou unha moción para instar á Xunta de Galicia á eliminación das reválidas e á derrogación da LOMCE por parte do Goberno Central. A escasas horas da convocatoria de folga xeral educativa por parte da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia e a Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos prevista para mañá mércores en contra das reválidas, cada vez son máis as mostras de apoio a esta xornada. Dende o BNG de Boiro mostraron o seu rexeitamento á aplicación da LOMCE, ó considerar que se trata dun ataque frontal ó sistema educativo. Por esta razón fan unha chamada á veciñanza a participar na xornada de folga convocada para mañá mércores para pedir a retirada das reválidas e a derrogación da LOMCE