O rianxeiro Simón Varela proclámase campión de España de Pitch & Putt

BOIRO> O Barbanza converteuse esta fin de semana en sede do golf a nivel nacional co campionato de España de Pitch and Putt celebrado no campo de Macenda. O rianxeiro Simón Varela, conseguiu alzarse como campión de España mentres que a vencedora na categoría feminina foi a morfontina Yolanda González. Triunfo indiscutible do Barbanza no Campionato de España de Pitch and Putt celebrado esta fin de semana no campo de Macenda en Boiro. O rianxeiro Simón Varela proclamouse campión nacional seguido do pobrense Marcos Gómez. A vencedora na categoría feminina, a morfontina Yolanda González, firma tamén o triunfo para Galicia seguida da asturiana  Montserrat Peláez. Dende a Federación Española destacaron a boa organización do campionato así como a calidade das instalacións de Boiro que axudan a popularizar un deporte que, ata o de agora, se viña considerando minoritario. Precisamente a alta participación neste campionato con máis dun cento de participantes pon de manifesto a gran popularidade da que goza este deporte na comarca.