O goberno de Boiro aparca a revisión do PXOM de 2003

    renunciarevisionpxomboiro100.jpgBOIRO> O executivo local renuncia a continuar coa revisión do PXOM iniciada polo anterior goberno bipartito.

    {flowplayer}barbanza/renunciarevisionpxomboiro.flv{/flowplayer}

    A decisión do goberno boirense de manter o planeamento urbanístico aprobado en 2003 basease nos criterios de edificabilidade.

    Dende o actual executivo desbotaron o proceso de revisión do PXOM iniciado polo anterior goberno bipartito. Segundo o alcalde, non se plantexou unha revisión real senón que se limitaron a suspender licenzas cos consecuentes prexuízos.

    Dende a oposición, amosáronse moi críticos coa actitude do executivo que tomou esta decisión tan importante para Boiro sen contar cos demais grupos políticos e colectivos do municipio.

    Intereses particulares

    O voceiro socialista considera que se vai renunciar a planificar o futuro do municipio co único obxectivo de beneficiar intereses particulares duns poucos.

    Da mesma opinión son no BNG que consideran incomprensible a decisión do alcalde de deixar aparcada unha revisión xa encamiñada que contaba cun documento de inicio no que se investiron miles de euros tanto da Xunta como do concello.

    Segundo o ex edil de urbanismo, Xoán León, o plan de 2003 non é valido para Boiro xa que presenta múltiples deficiencias en materia de aliñacións, delimitación dos núcleos e mesmo recalificacións ilegais.

    Redacción Barbanza